Foro del Motoclub A Carroula -- Foro de kedadas, noticias, motos, concentraciones y cualquier cosa relacionada con las motos y el motociclismo,

Todos los Foros > Foro del Motoclub A Carroula > Concentraciones y Kdadas > exposicion de motos antiguas

Ver Versión Completa : exposicion de motos antiguas

EXPOSICION DE MOTOS ANTIGUAS

Anabel
09-10-2007 , 11:20
ASOCIACIÓN CULTURAL E VECIÑAL “O SOUTO”
RUBIÁNS

EXPOSICION DE MOTOS ANTIGUAS

O día 11, ás 21 horas no Centro Cultural de Rubiáns, organizada polo CLUBE MOTOS VELLAS DO SALNÉS, e a Asociación Veciñal e Cultural “O Souto” de Rubiáns, e coa colaboración do Excmo Concello de Vilagarcía, vaise inaugurá-la Exposición de Motos Vellas.
Na exposición estarán presentes 28 modelos de motos das marcas Guzzi, Harley Davidson, Montesa, Vespa, Lambretta, R.O.A., Ducati, Honda, BMW, Bultaco, Sanglas…., a meirande parte delas fabricadas entre 1940 e 1970.
Todas elas foron coidadosamente restauradas, con un custe moi elevado, xa que consegui-las pezas precisas, é a miudo imposible, co cual en ocasións, obriga a fabricá-la peza de xeito artesanal.
Os talleres que se adican a facer este traballo, son escasos, e os que o fan, precisan a miúdo varios meses para rematá-lo traballo encomendado, xa que, a parte da dificultade para conseguí-las pezas, é preciso contar cunha especial pericia, e unas dotes de artesán, para recomponer, ou fabricar de novo determinadas pezas, o que ó final, fai que o traballo, una vez rematado, sexa en algún casos, una obra de arte.
Tódolos coleccionistas que participan nesta exposición, fano de xeito desinteresado, e algún dos modelos que se exporán, é a segunda vez que o fan, non porque non teñan ofertas para ser expostas, senón porque os propietarios, buscan o disfrute personal da moto, como que posúe una obra de arte.
Esta exposición foi posible realizala pola colaboración desinteresada do “CLUBE MOTOS VELLAS DO SALNÉS”, ó que pertenecen a meirande parte dos coleccionistas que expoñen, que non buscan notoriedade ata o punto que prefiren que non figuren os datos da titularidade das motos expostas, facendo patente que o único que lles move, non é o afán de notoriedade, senón o disfrute destas auténticas “xoias do pasado”
Non resulta fácil elexir entre as 28 motos que se van exponer, pero por dar algún modelos, nomear a Harley Davidson mod FL de 1953, a Guzzi mod Cardelino de 1962, a ROA 197cm3, a Guzzi Dingo de 1970, a Ducatti 125-S de1964, a MV AUGUSTA Sella GT de 1972, a Bultaco Mercurio 155 de 1966, a Sanglas 350/4 de 1961, a Montesa Sport de 1966, a BSA Gold Star de 1952, a BMW R25/3 con sidecar, a Derbi Guerra de 1957, a BMW R-27 de 1962, ou a BMW R-75 WAR de 1941. Este último modelo, formaba parte dun envío de 50 unidades do exército alemán ó Afrika Korps de Rommel. O barco que as transportaba, fixo escala en Valencia, e as autoridades españolas requisaron o material militar. Anos despois, estas motos, dotadas de sidecar e ametralladora, foron vendidas polo exercito español, e pasaron a mans de coleccionistas. A que se expón en Rubiáns, (mide 2,20 m de anchura) é una destas unidades.
Como amantes das motos que sodes, é un pracer invitarvos á Exposición.
Xurxo Abuín
Predte da Asociacion Veciñal e Cultural “O Souto” de Rubiáns

A Exposicion celebrarase no Centro Cultural de Rubiáns, rúa Igrexario s/n Vilagarcía de Arousa – Pontevedra, e estará aberta ata as 20 horas do 14 de outubro.


Servicio proporcionado por MundoForo.com
Crea tu propio foro gratis de una forma simple y rápida

.:: Programas-gratis.net ::.
Miles de programas gratis a tu disposición
.:: Juegos-gratis.net ::.
Juega online y descargate cientos de juegos gratis
.:: Subir-Imagenes.com ::.
Sube imagenes que tengas en tu ordenador para usarlas en foros, blogs, chats ...
.:: Buenos-Chistes.com ::.
Recopilación de los mejores chistes

Perteneciente a Mundogratis.com