Foro del Motoclub A Carroula -- Foro de kedadas, noticias, motos, concentraciones y cualquier cosa relacionada con las motos y el motociclismo,

Todos los Foros > Foro del Motoclub A Carroula > Concentraciones y Kdadas > freestyle en santiago 6 de octubre

Ver Versión Completa : freestyle en santiago 6 de octubre

freestyle en Santiago 6 de octubre

MARISA
02-10-2007 , 22:32
06 de Outubro 2007
CHEGA Ó MULTIÚSOS A ADRENALINA DO FREESTYLE. MERCA XA A TÚA ENTRADA!
O 6 de outubro Santiago de Compostela volverá ser o centro de atención para os amantes das motos e das emocións fortes. Tralo gran éxito de público colleitado o ano pasado, a Copa España de Freestyle regresa ó Multiúsos grazas ó patrocinio de CAIXA GALICIA, XACOBEO, FUNDACIÓN DEPORTE GALEGO e o CONCELLO DE SANTIAGO, e grazas ó apoio de BLUSENS e MOTOR7. Os mellores desta modalidade do motocross -José Miralles e Edgar Torronteras, entroutros- loitarán no Multiúsos por acadar altas puntuacións que os empuxen ó primeiro posto da táboa. Se non te queres perder ós mellores pilotos e os mellores saltos, xa podes adquirir a túa entrada no servizo de venda de localidades de Caixa Galicia(no teléfono 902 43 44 43 ou na páxina www.caixagalicia.es), no Corte Inglés e en tendas de motos (MOTOR 7, Motos Carballeiro, e Terremoto Compostela) ó prezo de 20 euros os adultos e de 15 euros os nenos (ata 12 anos). Se dispós da tarxeta Visa NetClub de Caixa Galicia gozarás dun 15% de desconto.

O torneo da Copa de España de Freestyle estrutúrase en tres competicións comprimidas nun só evento: o concurso de salto de altura, o de plegadas e o Freestyle. En todas elas os pilotos sorprenden con impresionantes acrobacias nas súas motos, a varios metros de altura. No primeiro concurso os pilotos teñen que superar unha barreira inicial de seis metros (algúns pilotos chegan a acadar os nove); na segunda competición puntuable, o Best Whip, os pilotos teñen dúas oportunidades para poñer a moto completamente en paralelo ó chan; na tanda final, a Manga Libre, os competidores esgotan ata seis saltos no concurso de freestyle para ofrecer as suas mellores acrobacias desafiando a lei da gravidade con piruetas tan arriscadas como o “back flip” –salto mortal hacia atrás-.

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2007/09/28/0003_6180510.htm

Anabel
03-10-2007 , 08:18
Gracias Marisa, jo todo é o mismo día, aquí é o S.Froilán e ven actuar Macaco gratis e xa non sei a onde ir, buffff. :smt017 :smt017 :smt017 :smt017

MARISA
03-10-2007 , 12:11
pois xogalo ós chinos.

R3CAR
04-10-2007 , 00:12
Pos eu andarei por santiago, q as entradas xa estan collidas jejejejeje. :smt109

Patriarca
04-10-2007 , 15:40
que o disfrutes :smt111 julillo :smt003

R3CAR
04-10-2007 , 23:04
Gracias, jejej, a ver se traigo fotos ou algo grabado e xa o colgarei. :smt109

MARISA
05-10-2007 , 00:01
vasme permitir copiarche algunha foto para o meu espacio, ok?

R3CAR
05-10-2007 , 00:32
Sin problema ningun, toas as q queiras.

R3CAR
05-10-2007 , 15:23
Pois tiven un problemiña, fun recoller as entradas e poñen q nn estará permitido entrar con material de grabacion, asiq vexoo complicado, pq ata di q nn se pode grabar nin co movil, q se lle vai facer :smt011

MARISA
05-10-2007 , 17:03
bueno, despois sempre se sacan fotos, eso tamen no dicen nos conciertos e eu cando fun ver a Estopa e Melendi no Coliseum da Coruña levei a camara de fotos e no de Estopa ata levei a de video e asegúroche que é grande (dan antiguas de cinta). levábaa no bolso e naide me mirou. solo miraban que non levaras bebidas, cousas de cristal...en fin, como nun Gp.
de todos xeitos sinón é posible buscarei algunha por internet.


Servicio proporcionado por MundoForo.com
Crea tu propio foro gratis de una forma simple y rápida

.:: Programas-gratis.net ::.
Miles de programas gratis a tu disposición
.:: Juegos-gratis.net ::.
Juega online y descargate cientos de juegos gratis
.:: Subir-Imagenes.com ::.
Sube imagenes que tengas en tu ordenador para usarlas en foros, blogs, chats ...
.:: Buenos-Chistes.com ::.
Recopilación de los mejores chistes

Perteneciente a Mundogratis.com