
Foro del Motoclub A Carroula -- Foro de kedadas, noticias, motos, concentraciones y cualquier cosa relacionada con las motos y el motociclismo,
MIL GRACIAS A TODOS/AS
Todos os membros do motoclube A Carroula, queremos darlles as gracias a todos os que acudiron a nosa concentración . MIL GRACIAS A TODOS, esperamos que o pasarades ben e que sepades perdoar os posibles erros cometidos, repito, GRACIAS.
gracias a vós que sodes a hostia, non vou repetir unha e outra vez o que penso de vós pero é que verdade que para min esta concentra é a mellor de todas.
estivemos moi agusto, fixo frío pero todo moi ben.
as camisetas, os chaveiros e o sorteo para as mulleres.
as gominolas para os nenos.
unhos sorteos moi chulos e con moitas cousas, para outro ano o casco xa é mellor que mo deades a min pq xa sabedes que me toca...jajaja.
os trofeos moi numerosos e moi chulos por cierto, nós levamos o da inscrita máis xoven. debedes perdoar que estivera medio tonta a nena pero non lle chegaron as horas de durmir pero alegrar alegrouse moito.
o detalle de poñer os pinchos e a pantalla o chover tanto para a ruta.
a queimada e as cazoliñas...
comimos de perlas e o trato no Tojo foi expectacular, era a 2ª vez que comia alí pero na concentra a 1ª e encantoume. si non quería unha cousa ofrecíanche outras moitas...moi bo.
os baños da acampada con papel higiénico abundante...jajaja. eso tamén é importante non?
en fin...podería seguir dando detalles pero para que? non hai mellor cousa que recomentala para outros anos e da igual que haxa concentras ó redor da casa pq sinceramente, sodes os MELLORES.
e gracias ós que viñeron despedirme persoalmente cando me iba para a casiña na miña moto. fixen un viaxe bo, agusto e tranquila, amodiño e mollandome moito. ata Barreiros púxenme como un pito pero despois parei no Asador a quentarme un pouco e xa fun para Viveiro como un ringuilete. así e todo, conocer a carrete serve de moito pq fun moi tranquila desde alí. ademais os cm que me baixaron esta semana notáronselle que xa vou máis seguro. todo sobre rodas.
GRACIÑAS A VÓS, PERDOADE AS MOLESTIAS E PERDOADE QUE SEXA TAN PESADÍSIMA....BIKIÑOS PARA TODO O MOTOCLUBE PERO EN ESPECIAL PARA ANABEL.
Gracias a ti Marisa, por ser como eres e por levar sempre a casa contigo as costas ( nenos, petates, etc ) alegrome moito de que o viaxe de volta fora bon e que te vaias acostumbrando a esa bandit ( para o ano tes que vir nela, este perdoocho pero para o ano non hai excusa ). A nara cando lle din o trofeo iluminaronselle os ollos, pobre, estaba moi cansada, bikos a todos e a seguir así Marisa,
Sabedes que o fago con gusto, sobre hacia Castro, pero vou as concentras pq me gustan, pq me gusta a xente coa que me encontro alí, pq me gusta o ambiente. pero Castro é unha cita obrigada, que non quere decir que vaia obrigada.
Sodes a hostia, si que facedes caso, sí. Levades dous anos aceptando e levando a cabo as miñas suxerencias. o ano pasado o das pegatas, o das firmas, esta ano de novo as firmas, detalle pas mulleres...moi guays, eso sí que sodes.
eu seguirei pensando, sempre se pode sacar algo máis de jugo a estas cousas non?
Di que sí Marisa, innovar e progresar e mellorar, asique arriba suxerencias.
hola a tod@s :smt006 :smt006
eu tamén estiven por ahí un rato pero a nena chegouse a asustar co ruido da moto do espectáculo e tiven que alexarme.
O final simplemente estiven un rato paseando polo pueblo e xunto as incripción e logo marchei.... supoño que o tempo non axudou moito a quedar ca nena.
De todas formas deume a impresión de que estaba todo moi organizado e agora que vexo as fotos e os comentarios (como o de Marisa, jeje), supoño que este ano foi outo éxito máis.
Bikos a tod@s e espero o ano que ven disfrutar mais desta concentración da que teño moi vos recordos de fai anos.... :smt001 :smt002 :smt001
outro éxito, efectivamente, a concentración de Castro foi un éxito total, coma sempre.
organizando son os mellores e eso dígovos eu pq, aparte de que son unha xente especial e pensan en todo e todos. eles van a moitas concentras, saben o que a xente necesita pq eles tamén o necesitan as veces. saben os erros que se comenten en moitas pola inexperiencia, por olvidos, por distraccións...e eso en Castro salta a vista. para organizar ben unha concentra hai que moverse moito, hai que ter moita axuda, repartirse os traballos, ter ganas e ánimo de que a xente se divirta, non ser egoistas nin pensar en negocio, hai que querer o mellor para os que alí estamos pq cando eles van por ahí tamén queren que os traten ben...
todo esto xunto ten un resultado casi perfecto, digo casi pq seguro que alguén atopou algún problema ou erro, este non foi o meu caso así que para min todo estupendo.
antes din as gracias e nada máis,pero quero algo mellor, felicitarvos pola unión que tedes, por ser tan atentos co personal e por intentar mellorar ano tras ano, sin estancarse no de sempre. felicitarvos a todos e "todas" por pasar unhos días agotadores traballando a reo para que eu, a miña familia, amigos e demáis presentes disfrutáramos tanto.
por certo, quero ver esas fotos de Gallego que tentou pillarme bailando co meu Pepe dun xeito algo escandaloso...jajaja...pero ó final vai Pepe e ponse a bailar coa muller do Gallego, nai de Anabel e que non sei como se chama ainda que penso que é coma mín. confirmamo...
Anabel, e non che saquei ningunha foto ou?
MOITISIMAS GRACIAS MARISA :smt002 é un honor pa nos todo isto q dis e esperamos q sigas pensando isto moitos moitos anos e desde logo dando as tuas suxerencias q sempre axudan moito... pq xa chega un punto q logo non sabes q innovar pero xa nos demostrache q contigo se pode contar sempre.
O mellor cando organizas unha concentración (e eu falo desde a miña escasa experiencia pq non levo 13 anos coma a maioria) é ver q a xente marcha contenta, q podes contar con eles po q sexa, q dan a sua opinión das cousas q viron q stiveron ben das q estiveron mal; e non ser un porrón de xente q o final non das atendido como se merecen e nin eles nin nos podemos disfrutar desta xuntanza q intentaremos seguir facendo moitos anos :smt006
Alegrome q a volta a casa fose boa aunke o tempo non te acompañou moito, o peor me imaxino q serian esas curviñas da carretera de Abadín q falamos pero desde logo cando se coñece a carretera é outra conto, verdade? :smt002
Marisa a miña nai chamase María Luisa, coma ti, non o final non me pillache en ningunha foto, jejeje, estaba de incógnito, jejeje. Ainda non acabamos de colgar as fotos, pero a ver si atopo logo esa da que ti falas e a poño na páxina. Volvo darche as gracias polos halagos, esperamos que penses así moito tempo. Mil bicos.
pois eu tamen espero seguir podendo falar ben desta concentra e poder seguir indo moitos anos, con saude e con moto.
o peor efectivamente foi chegar a Abadín pq xa non solo as curvas senón o estado da carretera que parecía que iba en moto de cross, o cu saltábame do asiento seguido. tiven mal tempo pero fun moi amodo, así que si alguen foi en carabana hasta barreiro foi culpa miña que non pasei de 80 e moitas veces nin de 60.
despois todo sobre rodas.
por certo, non sei si vos comentei algo pero mirade as primeiras fotos que puxen, fíxenas indo pa Castro e quero comentarios ó respecto. están moi mal sacadas pq as saquei desde o coche andando pero si vos fixades veredes moi ben o que é. aparte quero que vos fixedes en como están colocados os gardarrais, senon o vedes xa vos explicarei con detalle o desastre.
Ola carroulas!
Noraboa pola concentración. Moito temos que aprender de vosoutros, a ver se na nosa sae todo a metade de ben.
Non sei o que é pero sempre o paso moi ben na vosa concentración. E polo visto o resto dos centolos non se quedaron moi atráis non de pasalo ben, e sobre todo no de dar o cante.
Un saúdo, e seguide a facer as cousas como sabedes.
Moitas Gracias a vós tamén Quique , e a vosa concentra fixo que sae igual de ben ( como todo o que organizades ), un biko
Ainda que non fún , parece que vos salio todo moi ben , alegrome de que fora así carrouleir@s.UN SAUDO :smt006
MOI BIEN, MOI BIEN, MOI BIEN, xa o decía Farruco.
juapiro
20-05-2008 , 23:52
eu tamen quero dar as gracias a todos os que nos acompañastedes este finde porque aparte de pasalo ben tivestedes un comportamento exemplar, a verdade e que nos sentimos orgullosos de que vos gustara.
tamen quero das as gracias a todolos membros e compañeiros do motoclube que ano a ano poñen o hombro para poder facer esta festa que tanto nos gusta facela e ainda que non a disfrutemos tanto.
E a ti marisa vou ter que nomearte asesora do motoclube..... :smt002
eu acepto o posto, ainda que sexa gratis...eso sí, quero unha placa como a dos executivos para poñer na mesa do pc:
MARISA (M13)
ASESORA PERSOAL DO MOTOCLUBE A CARROULA
jajajaja
:smt005 :smt005 :smt005 q boa idea eu tamen quero outra q poña PRIMEIRA DAMA :smt005 :smt005
Jeje, Ro o final non me pillastes co chaleco regulando o trafico, jeje. Si o conseguin, :smt019 :smt019
oscentolos
22-05-2008 , 20:10
Pois non tiven tempo ata agora de poñerme ó ordenadro, pero penso que quique transmitiu o que moitos de nós pensamos...
Noraboa en maiúsculas, un fin de semana perfecto, ben menos a volta, que entre o castigo que se lle deu ó corpo e o tempo tardei máis de dúas horas en chega á casa, jajajajajaja...ríome solo....
MOITAS; MOITAS GRACIAS E NORABOAAAAAAAAAAAAA.......
Os centolos da Mariña e David (o que escribe)
Marta sinto decirche q si q hai algunha foto tua por ahí aunke non sten ainda publicadas pq estan na camara da bea e do felipe... :smt002 xa terás noticias :smt005 :smt005 :smt005 (aunke entre o chaleco e a gorra case non se che recoñece)
:smt041 :smt038 :smt038 :smt038 :smt023 :smt023 :smt023
Noraboa, teño que dicir que o pasei pipa, a unica pene que teño, e que queria montar nas colchonetas, e non me deixaron, tiñan medo que me marease :smt030 pero paseino pipa, po ano tedes que planear unha pelea no barro de homes e de mulleres,jejejejejeje
E broma e. :smt006 :smt006 :smt006 :smt006 :smt006
Pobre de ti que as colgeis, eu queroas ver antes. E dar o visto bo.
:smt068 :smt068 :smt068
juapiro
28-05-2008 , 23:14
dese nada manda o presi ,poñelas :smt005 :smt005 :smt005 :smt005
Vou mirar as fotos agora mesmo :smt011 :smt011
Ducafel
29-05-2008 , 23:36
http://img89.imageshack.us/img89/1187/concentracionecochios02ta0.jpgaki bai unha operaria do trafico
Ben grande para que se vexa ben, ahí está a marta dirixindo o tráfico na conce, Viva por ela que currou como unha campeona. :smt041 :smt041
Pero como é q deixou aparcar esa moto na acera :smt017 :smt017 :smt005
Como non vai deixar aparcar a esa pedazooooo de moto na acera, jejeje, esa ten preferencia de paso,
Eso, esa tiene preferencia, jeje. Que capullos sois, creo que hasta estaba protestando por la foto.
Tampoco trabaje tanto, podia a ver echo mas, seguro
bueno, tu non digas nada que po ano fante dirixir o tráfico, facer streptease e poñer copas todo á vez.
Streptease no, ahi me niego :smt018 . Copas ya puse este año al final, y me gustó, asi que no me importaria.
Eso si quiero un chaleco reflectante, sino a la noche corre peligro mi vida, :smt003
eso, moi ben, hai que ir con esixencias. que eso de ter a unha mozo dirixindo o tráfico sin chaleco reflectante...moi mal moi mal moi mal.
Ehh, como que streptease, que non me enteree eu, ummmm :smt019 :smt019
juapiro
18-06-2008 , 21:40
:smt005 :smt005 :smt005 :smt005 :smt005 :smt005