Foro del Motoclub A Carroula -- Foro de kedadas, noticias, motos, concentraciones y cualquier cosa relacionada con las motos y el motociclismo,

Todos los Foros > Foro del Motoclub A Carroula > No a los GUARDARRAILES > guardarrailes

Ver Versión Completa : guardarrailes

guardarrailes

MARISA
09-04-2007 , 23:29
quero unha protesta continua para os guardarrailes...
estou moi cabreada pq non sei cal é o nº de victimas desta semana santa por culpa deses ferros mal postos pero eu conezo unha victima.
un rapaz de 32 anos que convivín con el desde que nacín pq tiven moita relación coas irmán. morreu o sábado nunha estrada Asturiana. deixou unha filla con 16 meses, unha parella, unha nai e 5 irmán e moitos amigos destrozados.
por el e por moitos mais temos que facernos oir.
gracias ós que colaboredes, creo q todo vale para que vexan que estamos hasta os ....
un saudo a todos.

juapiro
10-04-2007 , 01:03
tes toda a razón é estamos todos do mesmo lado,parece coma si os moteiros non existíramos, coma si a nosa voz non se escoitase ,que habra que facer para que nos fagan caso, polo de agora a peor parte lévana os compañeiros que xa non estan conosco e mailos seus seres queridos .quizas agora que estan cerca as eleccions nos prometan algo e logo todo quede como está.

Anabel
10-04-2007 , 08:15
Canta razón tes Marisa, a verdade é que naide nos fai caso, e cando ves casos así , tan cercanos, e cando en realidade te das conta do perigo que estamos correndo todos. Esperemos que esto se solucione pronto. Saúdos.

Rocio
10-04-2007 , 11:52
Si ben vedes como é a política de hoxe en día... cando hai un problema o único q se fai é implantar unha prohibición (Ex: carnet por puntos) e o mais fácil é poñer de culpable o conductor. Pero xamais pensan q o problema tamén está nas infraestructuras

MARISA
10-04-2007 , 12:25
seguir protestando é o único que nos queda pq os que van aló xa non teñen retorno.
tal vez algún día se dean conta que esto non é cousa de catro monos que collemos unha moto. tal vez algún día lles toque cerca e recapaciten. tal vez pensen que somos moitos os que temos pasión polas motos e tal vez se dean conta do perigo que corremos.
non é cuestión de poñer radares nunha recta criminal donde nunca houbo un accidente (so con animo de recaudar money), non é cuestión de presumir que obrigan a poñer o casco. é cuestión de que donde eles fallan non están cumprindo. que fan novas carreteras con guardarrailes que son un fío de coitelo po que alí cae.
teñen que facer algo pq esto non é xusto.
hai que seguir dando caña.

MARISA
10-04-2007 , 12:53
http://www.youtube.com/watch?v=L2DIugl-gdM

Anabel
10-04-2007 , 13:05
Buff, co vídeo, esperemos que sirva para algo. E recordade que o día 5 de Mayo hai unha manifestación en Santiago en contra dos Gardarrailes.

Saúdos

marihornet
10-04-2007 , 13:26
que pasada ! , en primeiro lugar Marisa, sinto o do teu amigo , moito ánimo , en segundo lugar, eu creo que ese video o terian que ver a maoría dos políticos antes de sair na t.v. e decir a cifra de mortos da semana santa por exemplo e pensar que eles teñen parte da culpa, nin o carnet por puntos, nin radares fixos nin moviles nin cincuenta mil trapalladas que digan servirán para que os guardarrailes deixen de ser asasinos , simplemente terían que pensar que nas súas mans está que disminuia o nº de victimas pero , é o que hay , só nos queda ir a manifestacións e expresar a nosa disconformidade ata que de verdade se den conta do que pasa .

MARISA
11-04-2007 , 17:24
PENSO QUE AINDA SE PODEN CONSEGUIR FIRMAS PARA A LOITA CONTRA OS GUARDARRAILES. NON ESTOU SEGURA PERO PODESE CONSULTAR. EN VISTA DA VOSA PRÓXIMA CONCENTRACION NON ESTARÍA VEN QUE NO LUGAR DAS INSCRIPCION SE POIDERA FIRMAR CONTRA ESO E DESE XEITO SI HAI MAIS CONCENTRAS QUE O FAGAN PODER CONSEGUIR UN GRAN Nº DE FIRMAS?
EI ENTERARME PQ EU RECORDO MIRAR EN ALGUNHA PAXINA E PODÍA BAIXAR FOLLAS DE FIRMAS.
QUE VOS PARECE A IDEA? IGUAL XA O PENSASTES E NON SE PODE FACER.
EN FIN, DECIDEME ALGO.
SI SE PODE FACER EI PROPOÑERLLO A MAIS MOTOCLUBES, PENSO QUE DE ALGUN XEITO HAI QUE LOITAR CONTRA ESTO.
NOS VOS PARECE?

Anabel
11-04-2007 , 18:08
Está ben Marisa a túa idea, intenta investigar como é con iso das firmas e a onde as hai que enviar unha vez que as temos e por nos non hai ningún problema en telo nas inscripcions, ( polo menos nos hai pegas pola miña parte ), Sáudos,

MARISA
11-04-2007 , 18:17
mirei e vin algunha paxina pero no logro atopar fechas por si a cousa é de vello.
enviei un mail a un motoclube que está pola iniciativa esa e eles mesmos recollen as firmas...a ver si me contestan.
podese enviar por correo ou escanealas e envialas por email.
a ver que me dicen pq como xa dixen algo tal vez xa as enviaran e o que eu vin era vello.
ei seguir mirando pq me parece que é un bo xeito de conseguir facer algo de ruido con esto.
lin que se precisan 500.000 firmas para derrogar esa lei e que e cambien os guardarrailes. asi que si en Castro se consiguen algunhas, é unha forma de tirar pa diante.
a ver que se pode facer.
un saudiño

Rocio
11-04-2007 , 22:54
Esta xenial a idea, haber si che contestan os dese motoclub e si estamos dentro do plazo non vai haber ningún problema, seguro q todo o mundo está disposto en colaborar e non so moteiros

Anabel
12-04-2007 , 08:11
Ben Marisa, ti investiga o que temos que facer co tema das firmas e nós na nosa concentración intentaremos facer todo o posible para conseguir moitas firmas ( faremos carteis e todo o necesario para que a xente se entere ). Un biko Marisa.

MARISA
17-04-2007 , 19:33
xa teño algunha informacion.
estos días non mirara pq estou rabiosa co roubo da moto do meu pequeno pero eso non implica que teña que abandonar esta loita.
conseguin unha direccion onde enviar as firmas.
teñen que ser orixinais, ni por fax ni escaneadas...asi so queda envialas por correo convencional...jajaja
de todos xeitos fixenlle algunha preguntiña mais pq quero que todo sea legal, non que o recibo das firmas non sirban de nada.
pregunteille o tema do dni, que supoño que é obligatorio...
e tamen me interesa saber si debe levar sello do motoclub.
esto a min parece ben pq asi si enviamos 1000 firmas consta que foron distintos motoclubs os q colaboraron no tema. non creedes que é mellor...?
pq realmente para esta xente so somos votos non somos persoas e teñen que ver que somos moitos.
seguirei informando..
aki radio Marisa...jajaja
saudiños

MARISA
17-04-2007 , 19:40
aaaaaaaaaaaaa

outra suxerencia.

lein que en Chantada nas camisetas van poñer o logo contra os guardarrailes.

si ainda non tedes as camisetas feitas pareceme moi boa idea.

vou suxerirllo os de Viveiro, si me queren facer caso.

tal vez sexa unha tontería pero creo q todo o que fagamos é pouco.

ademas o logo nin tan siquiera ten que ser grande, pode ser en pequeniño nunha manga, nun lateral...en fin...

é unha idea...

abur

Anabel
18-04-2007 , 08:27
Hola Marisa, o das camisetas é boa idea , pero é unha pena porque nos xa temos encargadas as nosas e como queda pouco tempo para a conce ( 1 mes ) non creo que se poñan agora a volver a facelas todas, pero calquera outra cousa na que podamos colaborar ti dinos. O das firmas xa sabes que non hai problema. ti dinos o que temos que facer na conce ( o modelo válido para recoller firmar, se ten que ir sellado, etc ) e nos poñemos da nosa parte o que sea necesario. Saúdos.

MARISA
18-04-2007 , 12:30
bueno...pois seguirei informandome...
pq creo que a mellor idea sería cando se enviaran q foran todas xuntas, as de distintos motoclubs.
mais que nada para que foran mais e para que viran que hai moitos motoclubs unidos por esto.
ademais teño que enterarme doutra cousa.
explicáronme que eso se levaba a nivel autonomico e estas firmas irian dirixidas a granada, pero claro, eu tampouco quero que alo se beneficien das nosas firmas quero que sirban para todos non só para andalucía.
entendesme non?

Anabel
18-04-2007 , 12:58
Claro, tes toda a razón, ademáis creo que é cada autonomía a que toma esas decisións e de pouco nos sirve que envíemos para aló as firmas si en Galicia son se fan eco do que estamos facendo. Bueno, xa sabes que calquera cousa na que che podamos axudar que estamos dispostos, sinto o das camisetas ( pero como xa dixen xa están encargadas ), pero polo resto xa sabes, vainos informando cos pasos que temos que dar, si nos interamos nos de algunha cousa que debemos facer xa cho decimos neste foro ( aínda que agora estamos muy liados co tema da conce e non temos moito tempo para mirar esas cousas, pero bueno ). Besos e sorte na loita.

MARISA
23-04-2007 , 18:05
BUENO...XA TEÑO A INFORMACIÓN NECESARIA.

ESTA RAPAZA INFORMOUME, TRABALLA OU É SOCIA OU NON SEI COMO É O TEMA PARA A MUTUA MOTERA.

ALÍ HAI QUE ENVIAR AS FIRMAS, TEÑO A DIRECCION NUN E-MAIL.

MANDOUME UN DOCUMENTO QUE PODO IMPRIMIR E FACER COPIAS PARA A CONCENTRACION.

CREO QUE ESTARÍA BEN POÑERLLE SELLO DO MOTOCLUB.

TEÑO FALADO COS FOJETEIROS E TAMEN ESTÁN DISPOSTOS CO DAS FIRMAS E ADEMAIS AVISEINOS EN TEMPO E VAN POÑER O LOGO CONTRA OS GUARDARRAIS NAS CAMISETAS...QUE GUAY

Anabel
23-04-2007 , 18:15
Perfecto, xenial, eu xa estou preparando uns carteis para poñer por toda a concentración para que a xente o sepa, e o do documento non fai falta que o imprimas ti, mandomo o correo do motoclub concentracioncastro@yahoo.es e xa os imprimo eu non hai fallo. O das camis sí que foi unha pena que xa as tiveramos feito, pero si podemos facer calquera outra cousa xa sabes que estamos disposto, de todas formas voulle decir o presi si pode falar co das camis a ver si por unha causa xusta e lles da tempo nos las poden facer, saúdos,

MARISA
23-04-2007 , 18:19
moi ben...envíovos o documento logo.

acabo de pensar que tal vez en algun lado se ponden conseguir pegatinas, sería un detalle bonito na bolsa meter a pegatina anti guardarrais para poder pegar na moto.

bueno, non dou mais ideas que xa me dixo Pepe que gobernara na miña casa e non na dos mais...

vou ter que montar un motoclub independiente...jajaja, de 4 socios.

Anabel
23-04-2007 , 18:22
Que va, Marisa, bon é que dedes ideas, todos, nós estamos abertos a todo, e todo o que se poida facer por mellorar a seguridade de todos, mellor. se das sabido onde conseguir pegatas ( xa que andas tan metida no tema ), pois avisa, e si chega o presuposto da conce, pois pa adiante, a ver si facendo barullo nos fan caso e damos feito algo contra os gardarrailes, bueno vou facer algunhas xestións para a conce, Saúdos,

MARISA
23-04-2007 , 18:26
perfecto, póñome a elo...jajaja

xa vos enviei o documento...so tedes que cambiarlle unha pequena cousa que xa che explico no mail.

un saudiño

Invitado
23-04-2007 , 19:38
moi ben a min moi voa idea, a ver si firmamos todos aki, non sei de onde sakas tanto tempo para dedikar a fecar todo esto.

Invitado
23-04-2007 , 19:39
keria poñer para facer todo esto , e ke me parece moi ben porke saironme letras kambiadas. gracias pola tua axuda

MARISA
23-04-2007 , 22:21
q va....tempo non teño moito pq os pekenos e a casa e os estudios dan choyo pero como internet para min é un vicio, en canto podo aki estou e sobre todo mirando cousas relacionadas coas motos.
asi que de gracias nada...gracias a vós por aceptar as miñas propostas e por participar.

MARISA
25-04-2007 , 19:28
xa me informai aquí cun colega que ten tema de pegatinas, pancartas, pinta coches e rollos así e o precio das pegaras é sobre 60€ o metro cuadrado.

hai que calcular o tamaño pa saber as que collen no metro cuadrado e as que necesitaríades pas inscripcion.

por certo o tema das firmas vai en auje....motoclubes que contan participar:

Castro, Narón, Chantada, Valadouro, Ourense, A Rúa...e sigo en elo.

un saudiño

MARISA
03-05-2007 , 12:26
bueno...puxen que os de valadouro colaboraban pero realmente era unha informacion erronea...non dou falado con eles. chameinos, non atopo email por ningun lado e ahora rematei enviando sms. a ver . eu penso que non haberá problema pero quería falar con eles para que fixeran as copias e lles puxeran sello. sinon falo cos centolos que van ir e que as leven elas, si nos deixan colocalas no lugar de inscripcions perfecto.

dixeronme que habia 9 folios de Chantada. si están cheos de todo xa son 207 firmas...que guay.

por certo...envieche correo co logo modificado coa direccion do motoclube a ver si é asi como queredes e envieilla o rapaz este pa que me dea precio exacto. vou ter que chamalo pq é un pouco deixado e igual pasa de min...jaja.

cando lle levei un coche a pulir botei un ano detras del para pagarlle...asi imaginate...jajaja

así que vos o das firmas xa o tedes listo non?

MARISA
03-05-2007 , 12:43
bueno...cantas pegatinas de 7x7 collen nun metro cuadrado...?

a contestar.

por certo...preguntoume o tipo que si queredes co fondo trasparente ou blanco...o precio é igual.

Anabel
03-05-2007 , 12:57
Hola Marisa, eu penso que é mellor con fondo transparente porque se o queren poñer nas motos, casco, etc quedaria maís chulo, non ??? O das firmas xa está todo, xa temos impresas as copias e xa as sellamos, agora sólo me queda imprimir os carteis ( que por certo xa os teño feitos ), e o dos cálculos das pegatinas que collen pois non sei eu voume poñer con elo a ver, jejejejeje. Saúdos,

MARISA
03-05-2007 , 15:40
bueno...eu xa lle digo que trasparente e aver si me dice exacto o que colle no metro cuadrado.

despois informote do precio e decidides si collelas aki ou non

marihornet
04-05-2007 , 08:21
bueno pekes , vexo que tedes lio de numeros jeje , segun os meus calculos caben 204 pegatinas de 7cmx7cm en 1 m2 . estades de acordo ????? espero servivos de axuda dadevos conta que agora teño dous cerebritos para facer as contas jejeje

Anabel
04-05-2007 , 08:29
Hola Mari, por ahí anda a cousa, aínda que o final non as encargamos aquí porque nos saen maís baratas en Segrigráfica Argentima. Por certo, cuidase ese catarro ( non llo vaias a pega a Nerea, jejejeje ). Cuídate, 1 Biko. :twisted: :twisted:

MARISA
04-07-2007 , 00:42
hola ana...
quería comentarche que hai unha rapaza que escribe no foro dos fogueteiros con nick HAWI e que ten as firmas de Chantada e creo que tamen lle pasan as de Ourense.
ela é de Castro ainda que non vive alí, non sei si ta estudiando ou traballando.
en fin, o caso é que lle dixen que chas faga chegar a ti pa que mas deas, ok? podo decirlle que as deixe no bar ese da plaza donde vos xuntades, Paco non é?
a ver sinon me equivoco.
un saudiño

Anabel
04-07-2007 , 08:11
Hola Marisa, si ese é o bar onde nos xuntamos, podeslle dicir que llas dea o que ande por aí e que lle diga que llas dea a Ana Gallego da Carroula e logo xa mas darán a min, jolín e eu sin saber de esa rapaza, teño que enterarme de quen é, podeslle dicir que se pasa polo foro se non quere ir o Paco e xa quedo con ela, graciñas Marisa, Eres un sol, Saúdos,

Angel
02-09-2007 , 22:22
FORA GARDA RAILES XA. :evil:


Servicio proporcionado por MundoForo.com
Crea tu propio foro gratis de una forma simple y rápida

.:: Programas-gratis.net ::.
Miles de programas gratis a tu disposición
.:: Juegos-gratis.net ::.
Juega online y descargate cientos de juegos gratis
.:: Subir-Imagenes.com ::.
Sube imagenes que tengas en tu ordenador para usarlas en foros, blogs, chats ...
.:: Buenos-Chistes.com ::.
Recopilación de los mejores chistes

Perteneciente a Mundogratis.com